Thursday 19 de September de 2024

Concertos de Nadal, hoxe e mañá no Conservatorio Municipal de Riveira


Os alumnos de vento tocarán panxoliñas na praza da Igrexa

Hoxe venres ás 19 horas terá lugar o tradicional Concerto de Nadal no Conservatorio Profesional de Riveira.
Ademais, sobre as 18.30 horas, na praza da Igrexa, alumnos do grao elemental de vento interpretarán as panxoliñas “Noite de Paz” e “Jingle Bells”.

Saxofón
Tamén este fin de semana haberá un novo encontro da Aula Galega de Saxofón onde o profesor Rodrigo Vila ofrecerá un concerto a dúo con Tomás Alonso, ex alumno da Aula que agora está a facer o Grao Superior no Conservatorio Superior das Illas Baleares. Será ás 19.30 horas no propio Conservatorio.